jueves, 8 de mayo de 2014
CARAVEL SAILING SHIP
A carabela é unha embarcación lixeira para navegar que foi inventada polos portugueses. Eles desenvolveron esta embarcación para axudalos na exploración da costa africana.
A carabela supuso unha mellora das antigas embarcacións xa que podía navegar moi rápido , aínda con barlovento(vento de cara).
As carabelas son embarcacións con forma ensanchada(forma de faba), que teñen de 2 a 3 mastros con velas cadradas e unha vela triangular (vela latina). Medían ata 20 metros e podían transportar unha carga de 130 toneladas.
As carabelas eran máis pequenas e lixeiras que os galeóns españois (que aparecen a partir do 1500).
Dúas das naves da viaxe ás Américas de Cristobal Colón eran carabelas, La Pinta e La Niña.
PARA COLOREAR UNHA CARABELA ONLINE PICA AQUÍ
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario