miércoles, 28 de mayo de 2014

martes, 13 de mayo de 2014

AS CUNCHAS.

As cunchas son idiófonos de golpe. As cunchas que se empregan son as de vieira(Pecten maximus).
Páxina dos instrumentos musicais da tradición galega propios do folclore galego (Consello da cultura galega).Para vela picade AQUÍ

Bongar e as Pandereteiras tocando com colheres e conchas.wmv

As Cunchas

Video explicativo de que son as cunchas e maneiras de tocalas para producir diferentes tipos de son.

jueves, 8 de mayo de 2014

CARAVEL SAILING SHIP



A carabela é unha embarcación lixeira para navegar que foi inventada polos portugueses. Eles desenvolveron esta embarcación para axudalos na exploración da costa africana.
A carabela supuso unha mellora das antigas embarcacións xa que podía navegar moi rápido , aínda con barlovento(vento de cara).
As carabelas son embarcacións con forma ensanchada(forma de faba), que teñen de 2 a 3 mastros con velas cadradas e unha vela triangular (vela latina). Medían ata 20 metros e podían transportar unha carga de 130 toneladas.
As carabelas eran máis pequenas e lixeiras que os galeóns españois (que aparecen a partir do 1500).
Dúas das naves da viaxe ás Américas de Cristobal Colón eran carabelas, La Pinta e La Niña.

PARA COLOREAR UNHA CARABELA ONLINE PICA AQUÍ

martes, 6 de mayo de 2014

martes, 29 de abril de 2014

HAKA. DANZA DOS MAORÍ DE NOVA ZELANDA.


 É unha danza que emprega a percusión corporal e os gritos e tiña como finalidade asustar aos enemigos.

LENDA MAORÍ.


 Preciosa lenda maorí que conta como unha tribú maorí de Nova Zelanda conseguiu que o Sol andivese máis lentamente no ceo. Se nos fixamos ben aínda podemos ver as cordas que empregaron para facelo.(os raios do Sol).

martes, 8 de abril de 2014

Inside An Easter Egg: A Kids' Easter Story


qué hai dentro dun ovo de Pascua?

SILLY SHYMPHONY. Nº 43, Funny Little Bunnies.


 As "Silly Shymphonies"( melodías tontas/bobas) son unha serie de 75 curtos, creados por Producciones Walt Disney entre os años 1929 e 1939.
Son curtametraxes acompañadas de melodía, sen diálogos e cada unha emprega personaxes diferentes.

martes, 1 de abril de 2014

PARA COLOREAR ONLINE ESTE DEBUXO AFRICANO PICA AQUÍ

CANCIÓN DE BERCE AFRICANA.


Para quedar durmidiños.

En mi tribu - Canción infantil

Canción que deixa pegada. Para traballar a percusión corporal: cos pés, coas máns, ...con coidado!
Aproveitando o día do libro infantil e xuvenil, que este ano ten como lema: "Imaxina as nacións a través da historia", aquí vai un anaquiño do continente africano.

jueves, 27 de marzo de 2014

GALERÍA DE FOTOS DE JARDINES DE ALGAS. NATIONAL GEOGRAPHIC.

PARA VER ESTA GALERÍA PICA AQUÍ

A DANZA DOS BOSQUES DE KELP

How are plants able to grow in the ocean without the sun? Tell Me Why Ki...


cómo poden as plantas crecer sen sol nos oceános?
"KIDS VIDEO SHOW" é unha canle de YouTube onde se responden cuestións cun enfoque infantil.É unha páxina moi interesante e aconsellable.

Hoxe traballamos no proxecto dos sete mares a frase "There are plants in the ocean" (Hai plantas no océano), vendo os distintos tipos de algas (seaweed)e as súas diferentes cores.

miércoles, 19 de marzo de 2014

TEDDY DRESSER . VISTE AO OSIÑO!

Este é un xogo para escoller as prendas que levará "teddy ", as frechas marcan as tres partes do corpo e hai que ir clicando nelas ata chegar á prenda indicada no texto.Podedes face sen música premendo no rectángulo que pon "music off".
Para xogar pica AQUÍ

jueves, 13 de marzo de 2014

jueves, 20 de febrero de 2014

THE OCEAN SUNFISH: LARGEST BONY FISH(O PEIXE LÚA: O MAIOR PEIXE DE ESQUELETE ÓSEO DOS OCÉANOS)

SUNFISH or MOLA

Hoxe traballamos un novo peixe que surca os Sete Mares: o "sunfish"(peixe sol) ou "Mola".En galego coñecémolo como peixe lúa pola súa forma redonda e a súa cor prateada.

Para saber máis sobre o peixe lúa picade AQUÍ
Para ver como se fai un peixe lúa en origami picade AQUÍ

JEWEL TRAIN.

Xogo educativo online de Leap Frog para traballar a lóxica e a orientación espacial.
Hai que colocar as vías do tren de maneira que o tren poda chegar á estación cargado de xoias. Hai que facer clic en cada tramo de vía e facer o camiño. Despois, premer sobre a icona do tren para que comece a andar. Para cambiar de nivel hai que premer no símbolo de verde de correcto.
PARA XOGAR PICA AQUI

miércoles, 19 de febrero de 2014

MÚSICA: OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.

Este é un conto no que unha pega vai buscando animais para formar unha banda de instrumentos de percusión.
PARA ESCOITAR A AUDICIÓN DO CONTO DA URRACA SONSOLES PICA AQUÍ

martes, 11 de febrero de 2014

CUTE SNOWMAN

Divertido xogo para crear un lindo boneco de neve á vez que repasamos as partes da cara e do corpo en inglés.
Para xogar pica AQUÍ

domingo, 2 de febrero de 2014

lunes, 27 de enero de 2014

GREENPEACE: " QUEREMOS PAZ Y QUEREMOS QUE SEA VERDE"

Enlace á páxina oficial de Greenpeace onde se explican as orixes deste grupo ecoloxista e o porque do seu nome.Pica AQUÍ

jueves, 23 de enero de 2014

jueves, 16 de enero de 2014

HOKUSAI: A GRANDE ONDA


Video sobre o pintor xaponés Katsushika Hokusai.
Amosa imaxes sobre a súa pintura máis coñecida " A grande Onda"( The Great Wave ) e imaxes das súas outras obras.
Para colorear este debuxo on-line(color online) ou ben para imprimilo(print version):http://www.google.com/url?sa=D&q=http://www.supercoloring.com/pages/the-great-wave-off-kanagawa-by-hokusai/&usg=AFQjCNFjOEMw77O65Ttu6LN7-Wxc-PArtQ

martes, 14 de enero de 2014

CHEGOU O INVERNO!, VIVALDI


 Esta é  un historia sobre a chegada do inverno coa música das Catro estacións de Vivaldi: O inverno.